lunes, 1 de diciembre de 2014

Llega diciembre...

 
 
 
Castañas 2014
 
Acabó la temporada de la castaña. Ha sido año de buenos precios, más compradores que vendedores, camiones llenos que habían cargado en el pueblo, ladrones y la Guardia Civil actuando...El tiempo dirá si habrá años mejores.
 

 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
Fotos por Tony y Maite Álvarez Amigo.

domingo, 26 de octubre de 2014

A nosa fala

O Galego de Trabadelo.

O galego falado en Trabadelo enmárcase dentro do chamado galego oriental, un conxunto de falas situadas xeográficamente ao leste de Galicia e nas zonas limítrofes de Asturias, o Bierzo e Zamora onde tradicionalmente fálase galego. Divídese en cinco áreas: 1) asturiana (Eonaviego): comprende a maior parte da Terra Eo-Navia galegofalante e unha pequena parte de Galicia. 2) ancaresa: comprende unha pequena parte do norte da comarca do Bierzo; 3) zamorana: comprende a zona das Portelas e unha estreita franxa galega coa que limita. 4) cacereña (Fala de Estremadura): fálase no Val do río Ellas, en Cáceres. e 5) oriental-central: comprende unha larga franxa galega oriental (a Fonsagrada, Cervantes, o Courel, Valdeorras e Viana do Bolo), a maioria da comarca do Bierzo galegofalante (incluido Trabadelo) e unha pequena parte da Terra Eo-Navia.

Como características diferenciais con respecto ao galego normativo temos:

1) Destaca o típico diminutivo masculino singular en -ín, cando no galego normativo é -iño. Non afecta ao feminino singular e plural nin ao masculino plural, así o diminutivo de negro é negrín, pero negriña, negriños, negriñas. O final en -ín tamén ocorre con sustantivos non diminutivos, así temos muín (galego normativo muiño, castelán molino), vecín (g.n. veciño, c. vecino), padrín (g.n. padriño, c. padrino), fucín (g.n. fuciño, c. hocico), etc. Como excepcións atopamos camiño (c. camino) e viño (c. vino)

2) O plural de palabras terminadas en -n é en -is, así refrán-refrais, pantalón-pantalois. Tamén antigamente facían este plural as palabras terminadas en -l, ainda que actualmente o fan en -les (animal-animales, español-españoles). Quedan algunhas excepcións como rais (c. reales) e nomes de lugar como os Currais, os Pedregais, Trigais. Existe un plural especial nunha palabra: pe (c. pie) que fai o plural peis e non pes como o galego normativo.

3) Persistencia da nasalidade en certas formas verbais: cantein (g.n. cantei, c. canté), cantarein (g.n. cantarei, c. cantaré), sein (do verbo saber; g. n. sei, c. sé)

4) Ausencia de -n- entre o verbo e o pronome átono: haias (g.n. hainas, c. las hay), botoua (g.n. botouna, c. la echó), colleuas (g.n. colleunas, c. las cogió)

5) Os verbos da terceira conxugación, cuxa vocal da raíz é -a-, teñen un comportamento particular, pois toman un -i- na primeira persoa do singular do presente de indicativo e mais en todo o presente de subxuntivo. Así no verbo partir: partio, partes, parte, partimos..., pero partia, partias, partia, partiámos, partiádes (partiáis), partian. Pasa o mesmo con abrir-abrio-abria, etc.

6) Formas verbais características: o verbo ter (c. tener) ten as formas teis, tein (g.n. tes, teñen, c. tienes, tienen), facer (c. hacer) ten fais, fain (g.n. fas, fan, c. haces, hacen), poñer (c. poner) ten pois, poin (g.n. pos, poñen c. pones, ponen), vir (c. venir) ten veis, vein (g.n. ves, veñen c. vienes, vienen)  Dícese no tempo pasado por exemplo falache (g.n. falaches, c. hablaste)

7) A acentuación do imperfecto de indicativo e do pluscuamperfecto é mesma que a da lingua normativa: falabámos, falabáis; falarámos, falaráis. O dialecto do Bierzo é o único dentro do galego que posúe esta acentuación.

8) Perda, por influencia leonesa, de -d- no sufixo -ado, sexan participios: calao, falao, estao,... ou sustantivos: prao (c. prado), lao (c. lado), lousao (c. tejado), subiao (c. seto o mata espesa de zarzas),... Esta perda de -d- esténdese tamén á segunda persoa plural dos verbos (calais, falais,... ainda que hai excepcións: sodes, tedes,....) e a o imperativo (calai, falai,...)

9) A contracción da preposición con e o artigo a é ca e non coa como o galego normativo.

10) Conserva, como en portugués, o grupo cua- inicial: cuatro (g. n. catro), cuando (g.n. cando), cuanto (g.n. canto), coa execepción de calquer, calquera. Con respecto ao grupo Gua- conviven por exemplo gadaña e guardar.

11) Vocabulario propio, xa visto na entrada de xaneiro de 2012, ao que podemos engadir palabras propias do galego do Bierzo como: cernada (g.n. cinza c. ceniza), concho (g.n. noz c. nuez), devecer (g.n. adelgazar, c. adelgazar), dixoso (g.n. lixoso c. sucio, e verbo dixovar), feixó (g.n. filloa. En Trabadelo existe a palabra filloa, pero so son as feitas de sangue de porco), fulgueiro (g.n. fento, c. helecho), neal (g.n. niño, c. nido), rebolo (g.n. carballo, c. roble), teso (g.n. outeiro, c. cerro, colina) entre tantas outras.

martes, 29 de abril de 2014

Actualidad

 
 
Abril en Trabadelo
 
 
 
 Pico do Lugar desde el otro lado del río.
 
 Fondo do Lugar desde el otro lado del río.
 
 Prado en a Lóngara.
 
 Río Valcarce en Laredo.
 
 Paraje de a Veiga de Valcarce.
 
 Vista del valle de Trabadelo desde la carretera de Pradela.
 
 Las Médulas de Trabadelo.
 
 Campa do Touceiro.
 
 Río Valcarce junto a la playa fluvial.
 
Camino de Paradela.


lunes, 3 de febrero de 2014

Lugares de Trabadelo

Casas (11)

 Antigua escuela, actualmente farmacia.


 Casa de Andresín.
 
 Casa do Bailón.
 
 Casa da Tía Juana.
 
 Casa de Miguel do Tío Germán.
 
 Casa de Pedro.
 
 Casa de Fortunato.
 
 Piscifactoría (Teso Mundín)
 
 Casa de Remedios.
 
Casa de Amable.